10 de xuño de 2016

O que temos que saber sobre o reparto nas eleccións xerais do 26 de xuño

O que temos que ter claro de cara ao reparto durante a campaña Electoral.

*           O reparto das tarxetas do INE así como a propaganda electoral, por moito que digan algúns xefes que van de listos, faise dentro da xornada laboral. E dicir non se ten que repartir pola tarde nin o sábado a menos que este sexa declarado de reparto extraordinario e compensado con horas extraordinarias.

*           Se se establecen quendas de reparto fora da xornada laboral estás deben compensarse como horas extraordinarias tanto nas Unidades de Reparto como nas USES.

*           O reparto fora da xornada laboral sen autorización de Correos é un fraude a Seguridade Social e pode ser constitutiva dunha multa administrativa se un Inspector de traballo solicita a nosa documentación e Autorización para traballar fora da xornada. (A este respecto lembrade que estamos baixo a vixilancia das empresas da competencia os que poderían presentar denuncia).

*           O problema tamén sería se temos un accidente laboral fora da nosa xornada o xefe pódese lavar as mans e dicir que saíches pola túa conta ao non ter nada por escrito estariamos ao que decidira un xuíz porque segundo a Lei para ser recoñecido como accidente laboral e preciso que o accidente se produza en tempo e lugar de traballo.

Hai que ter claro que a campaña electoral págase por un incremento do traballo e non por repartir fora da xornada laboral.


A propia circular da campaña electoral  establece no seu apartado 3º que se compensaran aos empregados con horas adicionais no caso de acumulación de envíos postais.