Acusan os gobernos do PP de privatizar o público e laminar a universalidade desacreditando o seu labor
Empregados e empregadas públicas
percorreron as rúas das cidades galegas para denunciar as consecuencias
das políticas neoliberais impostas polo PP nos gobernos central e
galego. Ensinantes, persoal sanitario e traballadores/as das
administracións que se mobilizaron atendendo á convocatoria da
Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, na que están integradas
CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; STEG; ANPE; USO; USTG;
CGT; STAJ; SIAT; ACAIP; CEP; UFP; AUGC e UniónGC, para reclamar a
preservación de servizos públicos esenciais como o Ensino, a Sanidade ou
a protección á dependencia e unha atención igualitaria, solidaria e
universal, para toda a cidadanía.
Para máis información PREME AQUI