CIG, UGT e CCOO celebraron unha concentración en Ferrol en solidariedade co compañeiro Pintos e para denunciar a tortura á que foi sometido
Ducias de persoas concentrábanse na mañá deste xoves diante do edificio
administrativo da Xunta en Ferrol en defensa dos dereitos civís e contra
as políticas represivas que o Partido Popular está a levar a cabo para
reprimir, criminalizar e acalar aquelas organizacións e voces dispostas a
facer fronte ás medidas antisociais e políticas neoliberais que nos
están a impor. Na concentración, convocada pola CIG, UGT e CCOO,
trasladouse o apoio e solidariedade co compañeiro Xesús López Pintos,
que hai unhas semanas foi detido e torturado por exercer un dereito
fundamental: a liberdade de expresión e manifestación.
Para máis información PREME AQUÍ