Correos ofrece a "oportunidade" de realizar substitucións en postos como xefe/a de Equipo ou xefe/a de Unidade en Distribución ou Centros e director/a ou xefe/a de Equipo en Oficinas.
O prazo de inscrición é desde o día 15 ata o próximo 24 de novembro a través de eTalent
No caso de ser seleccionado/a, comezarás un programa formativo teórico-práctico, para adquirir a experiencia e os coñecementos necesarios para o posto seleccionado.
Poderás incribirte nun único proceso de substitución, na túa provincia de destino e soamente nun dos ámbitos (Oficinas, Distribución ou Centros). Se te inscribes por erro nun proceso, podes retirar a túa candidatura e solicitar o que che interese, antes do día 24.
Para realizar os cursos valorables nos méritos do proceso de selección, poderás realizar a solicitude de inscrición a través do Campus Virtual (formacion.correos.es) ata o día 24 de novembro. A formación desenvolverase durante os meses de novembro e decembro fóra da xornada laboral.
Accións formativas valorables no proceso:
En todos os ámbitos:
- Produtos e servizos de 2022
- Xestión aduaneira para persoal operativo de 2022
- Office 365
En Oficinas:
- Procesos e ferramentas de Oficinas de 2022
- En Distribución e Centros:
- Procesos e ferramentas de Distribución e Centros de 2022
Os participantes que o soliciten, recibirán só as accións formativas que non consten como superadas nos nosos sistemas de información, tanto se foron impartidas por Correos, como por organismos homologados para impartir esta formación.
Cada acción formativa contará cuns criterios de realización e superación independentes que se comunicarán aos participantes ao comezo de cada formación.
Esta formación está dirixida exclusivamente a aquelas persoas que cumpran coas seguintes condicións:
- Ser empregado/a laboral fixo ou funcionario cunha relación laboral en activo con Correos ao comezo de cada unha das accións formativas solicitadas.
- Realizar a solicitude de participación no programa formativo correctamente a través do Campus Virtual.
- Presentar a súa candidatura para participar no proceso selectivo a través de eTalent correctamente.
Unha vez realizada a solicitude de inscrición ás accións formativas valorables no proceso, mostraranse en pantalla os datos de contacto rexistrados no perfil persoal do Campus Virtual do solicitante. Se non fosen correctos, é necesario actualizalos no apartado ‘O meu perfil’ da plataforma xa que o día de inicio da formación comunicarase a dispoñibilidade desta na dirección de correo electrónico e no teléfono móbil rexistrados.
Unha vez superado cada curso, engadirase ao expediente formativo do participante e poderase descargar o diploma acreditativo.
No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a solicitude de inscrición e/ou a realización da formación, os alumnos e alumnas deberán dirixirse a través de email ao Centro de Atención ao Estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com.