16 de xan. de 2024

Xefaturas de equipo: Publicacións de méritos provisionais.

 

Hoxe reuniuse a Comisión de Valoración da convocatoria do Concurso de Méritos para a provisión de postos de traballo vacantes de “Xefaturas de Equipo nos ámbitos de Produtos e Servizos, Distribución e Centros”, adscritos ao Grupo Profesional III e informouse dos méritos provisionais.

A valoración destes méritos realizouse conforme ao establecido nas Bases da Convocatoria con data do 18 de maio de 2023.

Publicación e consulta de méritos provisionais:

As persoas participantes no proceso de selección poderán consultar toda a información indicada, accedendo á Plataforma de procesos masivos habilitada por Correos, co seu usuario corporativo e contrasinal, a través da seguinte ligazón:


Alegacións e correccións:

A presentación das alegacións deberá realizarse na propia Plataforma de procesos masivos. As persoas rexistradas dispoñen de prazo ata o próximo 23 de xaneiro de 2024 incluído para emendar aqueles defectos atopados na valoración dos seus méritos, a corrección de erros ou a simple omisión.

SI TES CALQUERA DÚBIDA PONTE EN CONTACTO 
CAS DELEGADAS E DELEGADOS DA 
CIG NA TUA COMARCA
CIG O TEU SINDICATO EN CORREOS