12 de maio de 2014

Queremos Galego!! O 17 de maio Defendamos o noso idioma

O vindeiro sábado 17 de maio, a Plataforma Queremos Galego, da que a CIG forma parte, convídanos a multiplicar por 8 a defensa da nosa lingua, participando nalgunha das 8 mobilizacións que en toda Galiza convoca a Plataforma (A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo e Foz).
A CIG, como parte integrante da Plataforma Queremos Galego!, anímate, a defenderte das agresións, tamén das agresións á nosa lingua. Pois, como di o texto do manifesto elaborado por Marica Campo para esta ocasión: “non só non contamos coa protección institucional, senón que temos que gastar o tempo a defendérmonos das ilegalidades que os poderes públicos perpetúan contra o galego”.
Achegamos o manifesto que se vai ler nos 8 actos do vindeiro sábado 17 de maio ás 12h nos seguintes lugares:

§        A Coruña: A carón do Teatro Rosalia de Castro (confluencia das rúas Real e Rego de Auga)
§        Ferrol: Praza de Armas.
§        Santiago: Porta Faxeira.
§        Pontevedra: Praza da Peregrina.
§        Vigo: Manifestación con saída de Vía Norte.
§        Ourense: Alameda (diante da estatua de Eduardo Blanco Amor).
§        Lugo: Xardíns de San Roque (diante da estatua de Xoán Montes).
§        Foz: Praza do Conde de Fontao.

Para ler o manifesto prema AQUI