14 de xul. de 2023

CCOO e UGT entran de cheo na Campaña electoral

 


Parece mentira que uns sindicatos que se auto-denominan de esquerdas entren en campaña electoral en favor do candidato do PP Alberto Núñez Feijoo para que gañe as eleccións xerais.

No seu afán de axudar ao candidato do PP os responsables máximos de CCOO e o aplaudidor de turno responsable de UGT peregrinaron por todos os medios de comunicación alentando a teoría conspiranoica do puxeirazo.

Dende a CIG temos claro que unha cousa é denunciar a falta de previsión e de contratación e outra moi distinta é poñer en dúbida a honorabilidade e profesionalidade dos miles de traballadores e traballadoras de Correos. 

A  guerra política por recuperar o poder perdido en Correos que manteñen estes dous responsables sindicais non pode en ningún caso cuestionar a reputación de miles de traballadores/as que se están a deixar a pel para sacar estas eleccións adiante. A cousa é tan grave que tivo que sair nos medios de comunicación o secretario xeral de CCOO Unai Sordo desautorizando ao responsable de CCOO de Correos.

Dende a CIG queremos recordarvos que o sr. Feijoo conxuntamente co seu único amigo comunista Regino Secretario Xeral CCOO, e Pepe Sayagues, Secretario Xeral de UGT conseguiron:

·      Afastarnos da Administración Pública e converternos nunha Sociedade Anónima de rexistro mercantil.

·      Declararon a extinguir a máis de 40 mil funcionarios/as e que o seu persoal laboral perdera o status de empregado público pasando a rexerse por un Convenio Colectivo como o de calquera empresa privada.

·      Conseguiron que parte das  retribucións dos traballadores/as de Correos  foran variables con criterios de produtividade no lugar de ser fixas.

FEIJOO, CCOO e UGT conseguiron desmantelar unha das maiores empresas públicas para convertela nunha empresa de paquetería lista para ser privatizada.


NON FOI FÁCIL como dixo Feijoo no congreso do PP

PERO O FIXERON!!