14 de abr. de 2020

Xuntanza Comisión Estatal de Saúde Laboral


Hoxe día 14 de abril tivo lugar a Xuntanza da Comisión Estatal de Saúde Laboral na que a empresa a modo de NODO informativo informounos do seguinte:

Ø    Datos actualizados de casos positivos de COVID-19 e postos en corentena:  836 contaxiados e  2.197 traballadores postos en corentena. A CIG denunciou neste punto que dende o 6 de abril a empresa deixara de pasar os datos de positivos. Data casualmente coincidente coa que os medios de comunicación informaban que Correos era o segundo colectivo con máis positivos só por detrás do colectivo de sanitarios. 

Ø    Que, a media de persoal entre o 6 e o 9 de abril, foi dunhas 13.617 persoas que significan un 24,82%. Na intervención da CIG fixo constar que non nos cremos os seus datos por iso solicitamos os datos desglosados por colectivos. Tamén insistimos en  que, se organice o traballo co persoal mínimo imprescindible, coa finalidade de que un traballador acuda ao seu posto 1 de cada 4 días e así minimizar a súa exposición ao virus.

Ø    Que mercaron 10´2 millóns de luvas, 7´2 millóns de xeles desinfectante, 4´2 millóns de máscaras. A CIG neste punto denunciou que se debe garantir a reposición de estes elementos de protección e que se dean as instrucións precisas a todas as Xefaturas para que no caso de que falten  EPIS se suspenda a actividade inmediatamente.

Ø    Que mercaron 5.490 biombos de metacrilato para rede de oficinas e entre 700 a 650 biombos de metacrilato para as oficinas auxiliares (rurais.) A CIG ve completamente insuficientes o número de biombos de metacrilato para as Oficinas Auxiliares ..... é que o persoal rural é de segunda categoría?? Non merece ser protexido?? Que, criterios, que datos se utilizaron para mercar só 700 biombos?? Dende CIG solicitamos que se proceda a mercar de xeito urxente os biombos que sexan necesarios para que doten a todas as oficinas auxiliares deste material.

Ø     A empresa propón que a desinfección de vehículos, carros de reparto e dos equipos de traballo o realicen os traballadores para iso compraron  toallitas desinfectantes con produto  hidroalcohólico ao 70%, de  hipoclorito  sódico ao 95% e  spray escumantes con  peróxido de hidróxeno ao 0,36%. A CIG entende que non se pode trasladar a responsabilidade de limpar equipos, vehículos e carros de reparto aos traballadores/as; primeiro porque non son especialistas en limpeza e en segundo porque é responsabilidade do empresario garantir a seguridade dos traballadores. O vemos ben como medida complementaria, pero se debe contratar unha empresa especializada en desinfección para evitar contaxios.

Ø      Facilitarán novos Manuais específicos de información para Repartición,  ATC, Axentes Clasificadores, Administrativos. Tamén se introducen novos manuais, para Xefaturas Intermedias e para o colectivo do persoal de limpeza. A CIG realizará as alegacións e as propostas necesarias para mellorar estes manuais, outra cousa é que as teñan en conta.



Ademais a CIG fixo contar que:  

Necesitamos urxentemente que se realicen TEST de  COVID-19 a todos os traballadores/as de Correos para saber o número real de persoal contaxiado e sobre todo para identificar aos infectados  asintomáticos para poñelos en corentena. Por este motivo non se poden reiniciar as actividades coma se nada ocorrese. O persoal de notificacións non debe iniciar as actividades nin débese ampliar horarios de oficinas mentres non se realicen os TEST.

Débese de informar a todos os traballadores/as nos Centros que se dea un caso de contaxio por se tiveron algún tipo de contacto co traballador/a afectado. Tamén se informará de todas as medidas de prevención que se van a tomar, non como ata o de agora que non se decatan ata días despois cando se dan de conta que falta un compañeiro/a ou que se está procedendo a unha desinfección sen saber por qué.


Así mesmo débeselles de informar diariamente ós delegados/as de persoal en cada provincia do persoal positivo en  COVID-19, do persoal posto en corentena e as medidas adoptadas. Ademais débese poñer en corentena a toda a unidade onde se dea un caso de contaxio ou posible contaxio ate que non se fagan os TEST.