A CIG expuxo a Correos varias preocupacións en relación ao uso do equipo Mooevo Urban no reparto a pé, que ata o momento non contou coa validación adecuada nin coa participación sindical necesaria. Nas reunións da CESL de 2022 e 2023, a CIG non puido probar este equipo, xa que as probas realizáronse en provincias onde non temos representación, o que nos impediu avalialo directamente.
Un dos principais problemas é que o Mooevo Urban non é un carro de reparto a pé, como se expuxo inicialmente. A Dirección Xeral de Tráfico (DXT), clasifica este tipo de equipo, como un Vehículo de Movilidade Personal (VMP), o que implica que non pode circular por beirarrúas nin zonas peonís, nin pode ser asignado ao reparto a pé, xa que é un vehículo motorizado.
Na actualidade, existen dous tipos de reparto claramente definidos: o Reparto 1, que se realiza con vehículos motorizados, e a Reparto 2, que se fai a pé, utilizando carros manuais. O Mooevo Urban introduce un modelo intermedio que non está regulado, o que crea unha situación confusa que debe ser resolta a través de negociación colectiva para establecer o que podería chamarse Reparto 3, destinado aos VMP.
Outro aspecto crítico é a formación insuficiente que se ofrece aos traballadores. A formación actual, que ten unha duración de só dúas horas, non cumpre cos requisitos establecidos pola Lei de Prevención de Riscos Laborais. É necesario ofrecer máis formación práctica, realizar unha avaliación médica e asegurar que o uso do equipo sexa completamente voluntario. Ademáis, debería levarse a cabo un estudo ergonómico que valore a carga de traballo e os posibles riscos derivados do uso deste equipo.
A CIG esixe que se cumpran varias condicións antes de implementar o uso do Mooevo Urban:
- Permitir o acceso ao equipo para a súa avaliación técnica e sindical.
- Prover toda a documentación completa do fabricante.
- Realizar unha avaliación dos riscos reais asociados ao reparto a pé con este equipo.
- Ofrecer unha formación adecuada e unha avaliación médica previa ao uso.
- Garantir por escrito que o uso do Mooevo Urban será voluntario.
- Organizar unha reunión específica na Galiza, con unidades destinadas as catro provincias.
O Mooevo Urban non debería ser utilizado no reparto a pé, xa que é un vehículo motorizado, o que impide que sexa compatible con ese modelo. Se se quere implementar un novo modelo de Reparto 3, é imprescindible que leve a cabo unha negociación colectiva previa e unha avaliación técnica e de riscos adecuada.


