O sindicato CIG-Correos denuncia unha práctica que consideramos irregular e que afecta directamente os dereitos das traballadoras e traballadores desta empresa.
Constatamos que a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos está a utilizar vehículos en réxime de renting para o desempeño da actividade laboral, e comprobado que os contratos de arrendamento dos devanditos vehículos non se están formalizando a nome da empresa, senón que se atribúen a carteiros/as e/ou responsables de unidade no momento da entrega dos mesmos.
Entendemos que esta actuación:
1. Desnaturaliza a relación contractual entre a empresa de renting e a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, desprazando de maneira indebida a titularidade cara a empregados que nada teñen que ver coa devandita contratación.
2. Xera inseguridade xurídica e responsabilidades alleas aos traballadores, quen non deben figurar como titulares de obrigacións contractuais que corresponden exclusivamente á empresa.
3. Pode supoñer un incumprimento da normativa laboral e civil, ao cargar sobre os traballadores compromisos económicos e legais que non forman parte da súa relación laboral.
En consecuencia, desde este sindicato esiximos que os contratos de renting de vehículos realícense e figuren unicamente a nome da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, S.A., S.M.E., como corresponde legalmente á entidade empregadora e responsable da actividade.
Así mesmo, SOLICITAMOS que se adopten as medidas necesarias para:
- Regularizar os contratos actualmente formalizados indebidamente a nome de traballadores/as.
- Informar por escrito a esta representación sindical sobre o alcance desta práctica e as medidas correctoras adoptadas.
NO CASO DE NON CORRIXIR ESTA IRREGULARIDADE,
EMPRENDEREMOS AS ACCIÓNS LEGAIS OPORTUNAS.