29 de xul. de 2024

Abono da quilometraxe a 0,26 euros e con efectos retroactivos dende o 18 de xullo de 2023 na nómina de setembro... ainda!!

 


A empresa, ante o anuncio desta central sindical do inicio dun Conflito Colectivo, acaba de comunicarnos que se recibiu resolución da  Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos (SEPG),  autorizando o abono da quilometraxe a 0,26 euros e con efectos retroactivos dende o 18 de xullo de 2023. Así mesmo nos informan que Os equipos de Recursos Humanos e Tecnoloxía van poñerse a traballar para que se poida abonar canto antes, pero que debemos ter en conta que, no mes de agosto non se vai a poder avanzar porque os equipos están de vacacións. Polo tanto a suba se realizará o máis seguro na nómina do mes de setembro.

A CIG denunciou en todas as mesas ás que asistiu o atraso inxustificado que se estaba a cometer no pagamento de eses 0,03 céntimos, instando á empresa a que procedera ao pagamento inmediato con carácter retroactivo a 18 de xullo de 2023, informándolles que no caso contrario iniciariamos todas accións legais na defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores rurais con achega de vehículo.

E lamentable cunha empresa pública tarde máis dun ano en pagar os atrasos aos seus traballadores e traballadoras e que teña que esperar ate que se vaia a proceder a reclamar xudicialmente para que movan ficha e se autorice a suba.

Para a CIG esta suba é insuficiente. Lembremos que en Correos estabamos cobrando 0,23 euros por quilómetro (0,19 + 0,04), é dicir, a dieta oficial máis 4 céntimos a maiores para compensar o desgaste do vehículo e consumo de combustible. 

Esta axuda extra que aumenta a base de cotización perdeuse grazas a marabillosa negociación que fixeron os sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral nunha xuntanza do 19 de outubro de 2023 aforrándolle cartos á empresa.

Agora toca negociar unha suba salarial e tamén do complemento pola achega de vehículo que como mínimo debe ser de 0,30 € por quilometro.

A CIG Defende e Loita polos teus Dereitos