26 de xul. de 2024

Reunión Mesa Sectorial: Presentación dun plan sen plan


O pasado día 24 de xullo a CIG asistiu á xuntanza da Mesa Sectorial como membro de pleno dereito por ter a consideración de sindicato máis representativo.

A reunión foi convocada con menos de 48 horas de antelación. Está precipitación xustifícase seguramente polas noticias publicadas nos medios de comunicación onde se informa dun Pacto e Acordo a tres bandas: Correos, SEPI, e sindicatos CCOO e UGT, para aplicar un novo Plan Estratéxico na Empresa Pública.

Na reunión a empresa NON entrega documentación algunha, simplemente pasan unhas diapositivas dun documento de cinco páxinas que é unha declaración de intencións na que falan a groso modo dun aumento da aportación por parte do estado pola prestación do SPU, modernización da rede postal, incremento da prestación dos servizos financeiros e da necesidade dun novo Marco Laboral. É advirte que a inversión do estado en Correos non será a cambio de nada. Así mesmo volven a repetir o concepto de FLEXIBILIDADE RETRIBUIDA avalado por CCOO.

Mentiras  e contradicións que se dixeron sobre este documento:
  • Un Plan sen Plan: CCOO e UGT recoñeceron na Mesa que NON coñecen o Plan Estratéxico. E dicir: asinaron unha simple declaración de intencións.
  • No documento que asinaron NON se fala da compra de NINGÚN BANCO.
  • NON son 4 mil millóns de euros se non 3 mil millóns de euros os que aportaría o estado.
  • Da mobilidade interministerial para o persoal laboral e da súa inclusión no EBEP, NADA DE NADA. 
  • A Política de contratación CERO parece que forma parte deste Plan Estratéxico avalado por CCOO e UGT como medida de aforro
¿Cando se verá esa inxección de cartos en Correos? 

Pois iso tampouco está nada claro porque a financiación está supeditada aos Orzamentos Xerais do Estado de 2025 que están sen aprobar.

A empresa empraza aos sindicatos presentes para o mes de setembro para empezar coa negociación do IV Convenio Colectivo e Acordo Xeral onde a CIG esixirá entre outros puntos:
  • Que se aplique a xornada laboral de 35 horas reivindicación histórica da CIG.
  • Inclusión do Persoal de Correos no EBEP
  • Un incremento do 15% no salario pero en retribución fixa e non en variable como defende CCOO. Non podemos seguir vinculando parte do noso salario a produtividades, xa temos bastante con o CPA e os Tramos.
  • Eliminar os descontos do CPA e Tramos ao persoal laboral cando está de baixa.
  • Adecuación inmediata dos niveis do persoal funcionario ao resto da AGE
  • Incremento real das cantidades por achega de vehículo ao persoal rural. Mínimo 0,30 € por quilómetro.