Na Comisión de Emprego celebrada hoxe Correos comunicou un importante incremento no número de prazas para a convocatoria de ingreso de persoal fixo para o ano 2022.
PRAZAS CONVOCADAS:
Convocatoria conxunta 2020 - 2021: 5.377 postos de traballo
Ampliación aprobada por Facenda (2022): 2.380 postos de traballo
TOTAL: 7.757 postos de traballo. As prazas convocaranse a nivel provincial.
Correos pretende publicar o primeiro desenvolvemento das Bases o 8 de xuño e sinala como posible data de exame o mes de MARZO de 2023.
Dende a CIG Instamos a Correos:
- Que, publique no menor tempo posible o TEMARIO OFICIAL e que os Cursos de Formación os imparta Correos en Exclusiva para así rematar dunha vez por todas co negocio montado por algúns sindicatos coa formación.
- Que, todas as prazas que se convoquen sexan a tempo completo. Non aceptamos xornadas parciais e moito menos xornadas partidas en Correos. Non se pode xogar nin fomentar a precariedade laboral con contratos miserables.
- Que, se teña en conta toda a antigüidade ao igual que se realiza nas convocatorias da administración é totalmente inxusto que só se teña en conta parte da antigüidade.