30 de maio de 2022

Comunicado da CIG sobre as Mobilizacións convocadas para os días 1, 2 e 3 de xuño

 



Ante as mobilizacións e folgas convocadas polos sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CCOO, UGT.)  para os vindeiros días 1, 2 e 3 de xuño a C.I.G. ten que dicir o seguinte:

1.    Estes sindicatos en ningún momento buscaron a UNIDADE SINDICAL de cara a estas convocatorias de mobilizacións e paros, pois en ningún momento se puxeron en contacto coa CIG nin con a plataforma da Unidade Sindical e tampouco contestaron á invitación realizada por esta. Isto fainos pensar que estes sindicatos non buscan realmente conseguir melloras para os traballadores/as, se non que teñen como única finalidade o cese de Serrano, para que nomeen a outro presidente que lles permita recuperar o poder na toma de decisións e así volver a mangonear todos os procesos en Correos.

2.    Os traballadores/as de Correos deben saber que CCOO y UGT son tan culpables como os gobernos do PSOE e PP da situación actual de Correos,  seguindo unha folla de ruta ben definida encamiñada á privatización de Correos (Ingreso de Correos en SEPI).

3.     Que, CCOO e UGT foron os cómplices necesarios do Sr. Feijoo para sacarnos da Administración Pública e convertéronnos nunha S.A., declararon aos funcionarios/as a extinguir, transformaron unha parte do salario en retribucións variables etc.

4.    Que, CCOO e UGT asinaron Convenios e Acordos altamente lesivos de cara aos traballadores/as de Correos con descontos desmesurados para o persoal laboral cando está de baixa por IT (a partir do 4 día de baixa perden os tramos de todo un trimestre máis o CPA), unha Mobilidade Funcional e Xeográfica que permite á empresa mover ao seu entoxo aos traballadores/as e disolver as USES, precarizaron o emprego incluíndo por primeira vez a figura do fixo descontinuo e as xornadas parciais en todos os postos, instauraron un sistema de contratación opaco, perdemos 17 mil postos de traballo, definiron as labores de cada posto de traballo de maneira tan xenérica que podemos facer de todo. Foron os padres dos RECARGOS,  e grazas a eles en Correos non temos nin sequera dereito para ir ao médico porque non ven recollido no Convenio e Acordo Xeral, sempre temos que estar á boa vontade do Xefe de turno.

5.    CCOO e UGT anuncian como principal motivo para a folga o desmantelamento de Correos, sen embargo puxéronse como tolos ampliando a súa oferta formativa coa  convocatoria de 7.757 prazas para o ingreso de persoal laboral fixo anunciado por Correos. Porqué CCOO e UXT queren preparar a xente para que entren nunha empresa que é unha ruína ao borde do peche?? 

A CIG NON VAI A PARTICIPAR DESTAS MOBILIZACIÓN PORQUE CCOO e UGT

           NON TE DEFENDEN – VIVEN DE TI