7 de set. de 2021

Exame 12 de Setembro Correos Non Permite Cambios de Sede

 

Non se concederán cambios de localidade para o exame de ingreso

Así o decidiu hoxe o Órgano de Selección na reunión mantida coas OOSS. Salvo excepcións por causas moi concretas e xustificadas (violencia de xero ou embarazo) Por tanto Non se concederá ningún cambio  de localidade para realizar o exame do día 12 de  setembro salvo as causas antes mencionadas.

O Órgano de selección aduce para non conceder os cambios de localidade que os aforos nas aulas están limitados entre un 33 e un 50% pola actual situación de pandemia.

Ninguén poderá presentarse e examinarse nunha localidade distinta á que ten asignada. As aulas de incidencia estarán para resolver problemas que se presenten con candidatos da mesma sede (que  non aparezan na listaxe a pesares de estar convocados nesa sede etc)

Se por causa de forza maior (contaxio  COVID, corentena, ingreso, accidente  etc) non puideses asistir ao exame deberás comunicalo xustificadamente como máximo nos 3 días posteriores ao exame no seguinte e-mail: ingreso.personal.laboral@correos.com

Recibíronse 213 peticións de adaptacións por discapacidade ás que Correos aplicase os seguintes criterios:

Ø Discapacidade entre un 33 e 45%: 15 minutos máis

Ø Discapacidade superior ao 45%: 30 minutos máis

Ø Embarazos e lactacións: 15 minutos máis

Ø Persoas con linguaxe asignada: 30 minutos máis

Se te presentas aos 2  exames  ATC e Reparto deberás levar unha declaración responsable para cada exame. Si se che esquece dentro do recinto facilitaranche os impresos.