8 de set. de 2021

8ª RESOLUCIÓN DO CONCURSO PERMANENTE (8ª– 2021)

20  PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA:  A CORUÑA  16,   LUGO 1,  PONTEVEDRA 3 e OURENSE 2.

AS LISTAXES COMPLETAS DA   ADXUDICACIÓN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓN SINDICAIS DA CIG.

PRAZOS DE CESE

Para todos os postos o cese será o día 30 DE SETEMBRO 2021.

PRAZOS DE INCORPORACIÓN

A incorporación será a partir do día 01 DE OUTUBRO DE 2021.

v O día seguinte  do cese se o traslado é na mesma localidade.

v 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)

v 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)

v 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 15 DE SETEMBRO DE 2021.

­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de posesión de oficio.

­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.

­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/10/2021)

Unha vez máis Correos decide non cubrir as prazas vacantes en Galiza !!! Desta volta só conceden vinte ridículas prazas....de Vergoña!!! Que negocian estes sindicatos asinantes!!!