20 de nov. de 2020

Consolidación de Emprego Prazo de Inscrición

 

Hoxe día 20 de novembro, celebrouse Comisión de Emprego Central, tratándose a Convocatoria de Ingreso de Persoal Laboral Fixo, na que se deu saída ao prazo de presentación de solicitudes, xunto co pago de dereitos.

As persoas interesadas poderán inscribirse exclusivamente a través da Web de Correos www.correos.com – Personas y Talento – Convocatorias publicas de empleo – Ingreso de personal laboral fijo

A convocatoria será exposta na Web de Correos, nos taboleiros das Direccións de Zona e Centro Directivo, así como na Web www.administracion.gob.es

O período de inscrición abarca dende o día 23 de novembro ata o 02 de decembro, ambos os incluídos.

As persoas que se inscriban recibirán unha comunicación co resumo da súa solicitude a efectos informativos. Importante descargala e imprimila.

Os/as participantes poderán elixir ata un máximo de 4 tipos de postos dunha soa provincia segundo indicamos: 

- Reparto Motorizado. Tempo completo (urbano e servizos rurais)

- Reparto Pé. Tempo completo (urbano e servizos rurais non motorizados)

- Axente / Clasificación. Tempo completo e parcial.

-  Atención ao Cliente. Tempo completo e parcial.

A valoración dos méritos efectuarase ao 30 de novembro de 2020.

Haberá dous exames. Un para reparto moto/pé/ axente de clasificación e outra proba independente para ATC (Atención ao cliente).

O importe dos dereitos no proceso selectivo será de 11,65€ para unha soa proba e de 23.30€ para as dúas. O pago farase efectivo dentro do formulario de solicitude.

Unha vez realizada a inscrición non se poden modificar os datos: habería que anular a inscrición e realizar unha nova.

Correos poñerá a disposición dos inscrit@s no proceso de selección, a través da súa web, a consulta do estado da situación como admitid@s ou excluíd@s, dando un prazo para subsanar os posibles erros.

Tanto a planificación, realización das probas e localidades seleccionadas na solicitude para realizar  o exame quedarán suxeitas ás indicacións das Autoridades Sanitarias co respecto á evolución da epidemia da COVID-19.