27 de nov. de 2020

Axudas de Acción Social coa nómina do mes de novembro

 


Na nómina do presente mes de novembro faranse efectivos os importes correspondentes ás axudas de Acción Social que abaixo se detallan. Atendéronse todas as solicitudes que cumprían os requisitos esixidos nas convocatorias:

·         Axudas para fillos e fillas con discapacidade: 629 axudas de entre 250 e 450 euros, en función do grao de discapacidade, por unha contía final de 194.750€.

·         Axudas para educación infantil: 512 axudas de ata 250 euros, en función do gasto acreditado. O importe total ascende a 102.829€.

·         Axudas para tratamentos de saúde: 5.913 axudas de ata  200 euros, en función do gasto acreditado, por importe global de 638.591€.