27 de xul. de 2020

Persoal da UR-3 de A Coruña, comenza folga indefinida

Persoal de Correos comeza folga indefinida das dúas primeiras horas da xornada para esixir máis contratación nos distritos 10 e 11 da Coruña.

O persoal de Correos da Unidade de Reparto 3 da Coruña, situada na rúa Entrepeñas e que da servizo aos distritos 10 e 11, denuncia a falta de persoal suficiente para levar a cabo o servizo coa calidade esixida.


O persoal acusa a Correos de non realizar as contratacións necesarias para substituír aos carteiros e carteiras que se encontran de vacacións ou baixa médica. No canto de realizar esas necesarias substitucións a empresa pública indica ao persoal de reparto que a maiores da súa sección habitual ten que se dirixir a outras seccións non cubertas, o que supón unha sobrecarga de traballo que en moitas ocasións é imposible de asumir polo persoal.

A isto débense sumar as difíciles condicións actuais do reparto coas medidas sanitarias impostas que  coinciden coas épocas de mais calor. O persoal de reparto ten que levar permanentemente a máscara mentres reparte centos de cartas, notificacións e certificados e tamén a paquetería. Esta mesma semana nesa mesma unidade unha compañeira sufriu un esvaecemento leve por mor de portar a máscara.

O persoal lamenta a falta de resposta de Correos a un escrito-asinado pola maioria do persoal da unidade- que foi remitido ao director de zona a semana pasada, indicando que a contratación prevista non era suficiente, é esta falta de reposta a que aboca ao persoal a tomar a decisión de platenxar esta folga

Folga indefinida desde hoxe, día 27 de Xullo.

O persoal de reparto iniciou hoxe unha folga indefinida das dúas primeiras horas da xornada - convocada desde a propia unidade e respaldada polos sindicatos CIG e CGT- e nos próximos días realizará diversas accións que pretenden comunicar á sociedade a situación da unidade e presionar a Correos para que mellore o servizo neses barrios da nosa cidade.

Xa na primeira xornada de folga os resultados do mesmo non se fixeron esperar sendo varios centos de notificacións as que non se levaron a reparto pola falta de persoal.

O persoal lamenta que Correos non dera resposta a un escrito, asinado pola maioría do persoal, onde lle trasladaban á dirección que  a contratación non era dabondo.

Esta unidade fora recortada no ano 2017, e xa naquela altura as diversas protestas do persoal, dos sindicatos e das asociacións de veciños/as levaran a que Correos - que nun principio negara a problemática – dera marcha atrás parcialmente recuperando unha das prazas que se eliminaran no recorte. Aínda así o persoal afirma que a unidade quedou mal dimensionada o que, unido á ausencia de contratación, fai que o servizo postal se vexa afectado de xeito frecuente.