Como
de costume a empresa continúa co seu formato de xuntanzas informativas sen
negociación.
Datos
achegados pola empresa:
Onte
xa estaba a traballar o 70% dos traballadores/as de Correos.
Segundo
os seus cálculos en Correos temos:
1
traballador contaxiado por cada 497 traballadores
Mentres
que hai 1 cidadán contaxiado por cada 201 cidadáns.
Este
cálculo ten truco porque só tiveron en conta aos positivos confirmados por TEST
e Correos séguese negando sistematicamente a facelo a todos/as os traballadores.
O
único certo é que a pesar do seu “novo sistema de contabilizar os casos
de contaxios” (Só se
contabilizan os casos confirmados con TEST) o número de contaxios seguen en aumento, fai tres semanas
tiñamos 49 contaxiados e hoxe xa son 106 contaxiados confirmados por TEST, 731
casos posibles ou probables e 3.128 en corentena.
Sobre
o persoal sensible infórmanos que aínda faltan por incorporarse 4.350
traballadores.
Grazas á presión da CIG entre hoxe e o luns dotaranse de pantallas de metacrilato aos servizos rurais de Galicia
con menos de 90 minutos de atención ao público.
Do
mesmo xeito no borrador de instrucións preventivas para as eleccións na entrega
da documentación electoral O traballador/a non terá que acceder ao interior de
ningún domicilio, Centro hospitalario nin Residencia xeriatricas etc. Tal como
esixía a CIG.
A pesar destes pequenos avances a CIG
insiste:
- Queremos os datos de Contaxiados
desglosados por Provincias, localidades e Centros de traballo para poder facer
un seguimento das medidas adoptadas pola empresa.
- Reiteramos que se doten de pantallas
faciais a todo o persoal en Galicia.
- Que se proceda á revisión e limpeza dos
sistemas de climatización de todos os Centros de traballo.
- Que se dean pautas de desinfección para
a roupa de traballo.
- Insistimos en que a empresa debe velar
porque se respecte a distancia de 2mt, nos Centros de traballo.
- O cesamento das ameazas e chamadas por
parte os servizos médicos de Correos aos traballadores/as sensibles para que se
incorporen aos seus postos de traballo.
- Que se traballe nos plans de xubilación
anticipada para os traballadores/as que cumpran cos requisitos e se queiran
adherir a ela.
- Que necesitamos medidas urxentes de
conciliación familiar para os traballadores/as con menores ou maiores a cargo.
- Insistimos en que as limpezas dos
vehículos e equipos débeos realizar unha empresa especializada.
- Solicitamos que se realicen avaliacións
de riscos dos Centros de traballo debido ao cambio de mobiliario na que se
puideron tapar sinalizacións e obstruír vías de evacuación. Así mesmo
solicitamos realícense avaliacións de riscos psicosociais.
- E non deixaremos de INSISTIR en que se realicen TEST a todo o persoal de Correos para
detectar posibles casos de traballadores/as
asintomáticos. E a necesidade de sistemas
de tomas de temperatura á entrada dos Centros de traballo e tamén que se
instalen na entrada das nosas oficinas de atención ao público para identificar
a posibles contaxiados.