8 de xuño de 2020

Consolidación de Emprego - Aprobados Xestión e Procesos

Relación dos 4.005 APROBADOS:

-          Os listaxes poderanse consultar a través da web de Correos.
-          Figurarán ordenados por provincias de maior a menor puntuación (sumadas a nota de exame e os méritos) indicando provincia, posto asignado, os datos persoais, a puntuación da proba, a puntuación dos méritos e a puntuación total do proceso de selección.

Elección de Posto de Traballo, documentos e Contratación

As persoas preseleccionadas serán citadas para a elección de postos de traballo polas Unidades de RRHH entre os días 15 e 19 de Xuño, excepto en Madrid e Cataluña onde a elección se realizará entre os días 15 e 24 de Xuño.

Documentación a Presentar no Momento da Citación.

Os candidatos/as que figuran na relación de aprobados deberán de presentar un Certificado Médico (modelo normalizado) onde se acredite por un facultativo, que non padece enfermidade, nin están afectados por limitación física  ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións dos postos asignados. O certificado médico normalizado debe presentarse, de maneira presencial, nas Unidades de Recursos Humanos de Correos, en sobre pechado dirixido á atención dos Servizos Médicos, coa indicación de “Confidencial”.

a)      Candidatos que nunca traballaron en Correos.
DNI ou NIE si se trata de cidadán non español, documento de afiliación ou cartilla da Seguridade Social no que figure como titular, Titulación requirida: Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar ou titulación oficial que a substitúa, Permiso de conducir moto ou coche, datos do Banco  ou Ciaxa. Os candidatos deberán achegar documentos orixinais e copias.

b)      Candidatos que traballaron en Correos.
Respecto deste colectivo si se dispón de toda a documentación no seu expediente, non será necesario solicitala de novo, salvo naqueles casos en que sexa necesario actualizar ou revisar a información. (permisos de residencia traballo, datos bancarios etc.)

Os candidatos que non presenten documentación para formalizar a súa contratación ou que non reúnan os requisitos para o desempeño do posto de traballo que se lle asignou non se lles formalizará o contrato e decaerán do proceso de ingreso como persoal laboral fixo en Correos.

Formalización do Contrato Traballo.

A data de inicio dos contratos será o 1 de Xullo. Neste sentido, a firma do contrato fixo leva a extinción do contrato de traballo temporal que no seu caso, o candidato teña formalizado con Correos, así como o decaemento das bolsas de emprego temporal na que estivese activo.
Os candidatos que renuncien á oferta adxudicada e/ou rexeiten a formalización do contrato de traballo fixo, decaerán da/s bolsa/s de emprego nas que estivese inscrito.

Nota de Gestión de Ingreso
Listaxe Aprobados
Acceso Consulta