O 5 de xuño, no BOE Nº 158,
publicouse a Resolución do 1 de xuño de 2020, do INAP, pola que se aproba a
convocatoria para o exercicio 2020 do procedemento de concesión de axudas
destinadas ao financiamento de plans de formación para persoal funcionario no
marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas -en
diante AFEDAP- adoptado na Comisión Xeral de Formación para o Emprego nas
Administracións Públicas, da que forma parte a C.I.G.
O 22 de xuño celebrouse
reunión en Correos, ao obxecto de tratar as liñas de actuación así como as
accións formativas que conformarán o Plan que Correos debe presentar para
solicitar a subvención AFEDAP para este ano 2020. Na xuntanza Correos informou
que hai 8 mil funcionarios en Correos. O período de realización da formación será
o ano natural con independencia da data de adxudicación ou na que se faga
efectiva a axuda.
Na proposta definitiva presentada
por Correos están reflectidas a maioría das propostas remitidas pola C.I.G. encamiñadas
ao aumento do número de participantes. Dende a C.I.G. temos claro que a
formación e fundamental para mellorar a cualificación, coñecementos e
adquisición de competencias do persoal funcionario que ocupan postos
operativos.
A Proposta Inicial de Correos
era de 4.100 participantes.
Identificados de Áreas Formativas
|
Áreas
|
Proposta
Inicial Correos
|
Participantes
Propostos CIG 2020
|
Proposta
Final
Correos
2020
|
Específicos Determinados Colectivos
|
Aplicaciones corporativas, Productos y Procesos
|
1.500
|
2.500
|
2.500
|
Información y Atención al Público
|
Atención al Cliente y comercial
|
1.100
|
2.000
|
2.000
|
Nuevas Tecnologías, información y comunicación
|
Tecnología e Informática
|
1.200
|
2.000
|
2.000
|
RR.HH
|
Habilidades
|
300
|
500
|
475
|
|
Sumas
|
4.100
|
7.000
|
6.975
|