Imos continuar coa análise do Conseguido!!
(vese que lles gusta a palabra) coa firma do Acordo plurianual 2018-2020 entre
os sindicatos CCOO, UGT, CSIF e S.L. e Correos:
Vamos ver un a un o CCOOnseguido por estes
grandes negociadores:
Conseguido!!:
Que continuemos coa perda de postos de traballo en Correos. Venden a Consolidación
de Emprego como unha panacea, sen embargo a realidade é que levamos perdidos 15
mil postos de traballo nos últimos 10. En Correos temos unha media de 2500-2400
xubilacións ao ano. Fagamos contas:
Prazas convocadas 2017-2018: 4.055
Xubilación 2017-2018:
4.800 (no mellor dos casos)
4.800 (no mellor dos casos)
TOTAL - 745 postos de traballo
Debemos dicir ademais
que desas 4.055 prazas convocadas non sabemos cantas serán de tempo parcial.
E que ninguén se esqueza
que os 2345 compañeir@s que van entrar este ano son da Convocatoria de 2016,
por esta regra de 3 os da convocatoria de 2017-2018 non entrarían até o 2021.
Conseguido!!:
O cobro dos atrasos
por parte do persoal laboral da suba do
ano pasado, que os funcionarios cobraron na nómina do mes de XULLO. Esta suba xa estaba pactada co
anterior Goberno do PP e só faltaría que non a pagaran..... Por qué os sindicatos
asinantes do Acordo non esixiron nas Mesas de Negociación que se pagara a suba na
nómina do mes de xullo de 2018 ao igual que aos funcionarios?? Por qué estes sindicatos tan reivindicativos non
esixen a Correos que pague os xuros deses cartos??.....Será que queren que vexamos unhas nóminas infladas cos atrasos, para disimular
unha suba real de 26€ ao mes...
POR QUÉ OU A
CAMBIO DE QUE ESTES SINDICATOS RENUNCIAN ALEGREMENTE Á NEGOCIACIÓN DUN NOVO
CONVENIO CANDO PARA ELES ERA ALGO IRRENUNCIABLE??? POR QUÉ DEFENDEN NOUTRAS EMPRESAS
QUE OS CONVENIOS NON PODEN PERPETUARSE NO TEMPO TAL E COMO ESTIPULA A RECENTE
SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO QUE ESTABLECE COMO DATA MÁXIMA UN ANO. QUE NON NOS
ENGANEN MÁIS...OS SINDICATOS ASINANTES SON SINDICATOS DA PATRONAL E DEFENDEN Á
EMPRESA EN VEZ DE AO TRABALLAD@R.
A CIG non está en
contra que entre novo persoal, estamos en contra que se asinen Consolidacións
de emprego a cambio de vender os dereitos dos traballadores nas Mesas de Negociación.
ESTES
SINDICATOS NON TE DEFENDEN – VIVEN DE TI