Últimas axudas sociais de 2018 :
Se solicitaches axudas para os teus estudos ou os dos teus fillos e/ou para tratamentos de saúde, este mes chegan á túa nómina. Con estas e as abonadas en novembro, completase o Plan de Acción Social para 2018.
Correos convoca estas axudas sociais, xunto coas destinadas a fillos con discapacidade, educación infantil e préstamos sen interese, co fin de promover o benestar dos profesionais da Compañía tanto na súa vida persoal como no seu traballo.
As axudas e contías que se abonarán na nómina de decembro son as seguintes:
• Axuda para os estudos de fillos de empregados ata 26 anos de idade. Pagaranse 5.320 axudas de 65 € cada unha, destinadas, concretamente, aos libros e o material escolar, por un total de 345.800 €.
• Axuda para traballadores de Correos que cursan estudos universitarios. Por este concepto abonaranse 94 axudas de ata 200 €, en función do gasto acreditado, que contribúan a afrontar o custo de matrícula e os demais gastos de inscrición asociados. Estas axudas conxuntamente constitúen un importe de 11.786 €.
Correos atendeu todas as solicitudes que reunían os requisitos.