A Confederación Intersindical Galega CIG, denuncia os seguintes feitos acontecidos onte con motivo do exame de Consolidación de emprego en Galiza:
1. Falta de organización
manifesta por parte da empresa, converténdose a improvisación na solución a
cada problema que xurdía, dando unha imaxe moi pobre da empresa, para os postulantes que se presentaron ao exame.
2. O exame a nivel xeral
iniciouse con máis de media hora de diferenza dependendo da aula e da
Facultade.
3. Escaso número de vixiantes en relación ao
número de postulantes por aula.
4. Desorganización á hora
de entregar e recoller os exames por parte do persoal de vixilancia,
ocasionando alborotos nas aulas.
5. Falta de formación do
persoal de vixilancia e coordinación. En cada facultade actuouse de distinta
forma, sirva de exemplo os candidatos que só se presentaban a exame de atención
ao cliente, nalgunhas facultades permitíuselles saír mentres o resto realizaba
o exame de repartición/axente, e noutras pola contra tiveron que permanecer
sentados ata que terminasen o exame e empezase o seu. Nalgunhas aulas
permitíuselles saír ao baño aos postulantes e noutras non.
6. Incidente Moi Grave
sucedido na aula A da facultade de Económicas de Santiago de Compostela, na que
se produciu un gran barullo, xente falando polo móbil, gravando co móbil,
realizando consultas por whatsaap, intercambiándose os sitios para copiar etc. Así mesmo temos coñecemento que os exames desa aula non foron trasladados no furgón de seguridade, perdéndose a cadea de seguridade e custodia debida.
Todos estes feitos están postos en coñecemento de
Correos.