31 de ago. de 2018

UR3 - RECARGOS CERO



A práctica totalidade do persoal fixo seguiu o paro de 2 horas convocado na xornada de hoxe para esixir a Correos maís contratación! Taméns se concentraron na porta da unidade , sita na rúa Entrepeñas nro 43, ás 13:10 horas (Adxuntamos fotos)



A folga seguirá se non se efectúan as contratacións que o persoal entende imprescindibles para levar a cabo o servizo diariamente e coa calidade esixida


Esta xornada de folga parcial é a continuación das mobilizacións xa iniciadas o ano pasado con motivo dos recortes de persoal. O persoal detivo hoxe o reparto como protesta ante a falta de contratación.

Lembremos que para demostrar estas deficiencias o persoal elaborou un estudio sobre os envíos pendentes de repartir debidos á perda de persoal (enviado en anexo) que xa foi trasladado meses atrás á asociación de veciños e veciñas da Agra do Orzán. 

O motivo desta folga  é o recorte efectuado no ano 2017 en número de efectivos de reparto posto en marcha por Correos nos distritos 10 e 11 da Coruña, que comprende zonas como Agra do Orzán, Os Rosais, Labañou, Cidade Escolar, Visma, Ventorrillo, A silva, San roque de Fora, Cidade Xardín, entre outras. o que unido á falta de contratación de sustitutos/as fai que o servizo postal se vexa perxudicado.
O persoal entende que o recorte realizado por Correos  na devandita unidade é desproporcionado, pois Correos eliminou 6 postos de traballo de reparto a pe, (dos 24 que existen nestes momentos) e, ademais, deixa algunhas desas persoas sen percorrido estable (o que internamente lle chaman “flotantes”). Correos tamén declarou a pretensión de non cubrir as ausencias que se produzan por baixas, vacacións, etc... o que minguaría ainda mais a capacidade desa unidade.  O persoal alerta que estas modificacións farán empeorar a calidade do servizo e imposibilitará cumprir co servizo coa calidade que ten dereito a cidadanía, pois o persoal será insuficiente para cumprir co reparto diario.


O persoal do centro elaborou a seguinte táboa reivindicativa:
 
Demandamos que se manteña o número actual de postos de traballo existentes na nosa unidade, 24 seccións de reparto a pe e 4 motorizados (1 furgoneta e 3 motocicletas), e que se cubran con persoal fixo.

Demandamos que toda as persoas da unidade teñan unha zona de reparto estable. Coñecer a nosa zona de reparto é a maneira de prestar un mellor servizo a toda a veciñanza, e vemos tamén que inestabilidade xera peores condicións laborais.

Demandamos que Correos se comprometa a cubrir as ausencias de persoal (baixas, vacacións, permisos), así como as seccións que proximamente quedarán vacantes por xubilación ou traslado.

Demandamos que a empresa evite que as persoas que neste momento prestan o servizo nesta unidade teñan que ser desprazadas forzosamente.

Moitas grazas pola vosa atención.




Comité de Empresa e Xunta de Persoal.