O vindeiro xoves 14 de xuño ás 11:30 os Delegados/as da CIG de Correos estamos convocados/as a unha Concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña.
Basta xa de tanto abuso e de que se asinen Convenios e Acordos lesivos para os dereitos dos traballadores.
Dende a CIG dicimos
- Non ao Desmantelamento do Servizo Postal Universal en Galiza
- Non a Precariedade Laboral
- Non a Persecución Médica nas baixas
- Que Non nos Quiten cartos cando estamos Enfermos
- Non aos Recargos
- Non a Redución de Postos de Traballo
- Que o Nivel Mínimo para os Funcionarios sexa o Nivel 14
- Que as Bolsas de Contratación sexan Transparentes
- Quebranto de Moeda para o persoal de Ventanilla
- Subida salarial de 300 € lineais
- Que se pague o prezo do carburante a prezo real ao persoal Rural
- Aplicación do EBEP a todo o persoal de Correos (Funcionarios e Laborais)
- Etc...
Súmate á Concentración e di Basta Xa!!!!