15/03/2018

Nómina de febreiro con certificado do IRPF 2017




Xunto coa nómina do mes de febreiro, recibiremos o certificado do IRPF 2017, aproximadamente a mediados de marzo.

O certificado de retencións a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas de 2017, farase este mes para que todos/as dispoñades desa documentación fundamental para preparar a vosa Declaración da Renda 2017.
Do mesmo xeito que outros anos, se algunha persoa non recibise o certificado, pode solicitalo na Unidade de Recursos Humanos.