2 de xuño de 2017

Alegacións CIG á Proposta das Axudas de Acción Social 2017

Dende este sindicato entendemos que a empresa lonxe de reducir as Axudas de Acción Social como é a súa intención visto este borrador, o que debe facer é incrementalas para así compensar a perda de poder adquisitivo dos seus traballadores/as.

Estas son algunhas das alegacións presentadas  pola CIG ao Borrador:

  • Que se aumentes tódalas cantidades   en  conceptos de axudas de acción social
  • Que se inclúan os eventuais como posibles beneficiarios das axudas.
  • No caso que definitivamente se establezan límites de ingresos como requisito para poder optar ás axudas, que non se entendan a estes efectos como ingresos os percibidos por achega de vehículo ou local nin tampouco outros ingresos correspondentes a calquera atraso ou paga de anos anteriores.