15 de set. de 2016

Novo Sistema de Entrega das Notificacións que entrarán en Vigor o 1 de Outubro


A CIG xa amosou a súa preocupación coa suficiente antelación a Correos pola modificación da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común que entrará en vigor a partires do 1 de outubro deste ano, sen embargo a Dirección de Correos continua sen unha solución para o cambio legal na entrega das notificacións, a pesares que Correos tivo un ano para planificar este servizo o certo é que a 15 días da entrada en vigor da Lei aínda están como o primeiro día e dicir sen saber que facer, ben dito é que a improvisación en Correos é a nai de tódalas solucións.

Segundo a modificación “as entregas das notificacións faranse en dous intentos o primeiro antes das 15 horas e o segundo intento será despois das 15 horas deixando unha marxe de diferenza de 3 horas entre ambos intentos de entrega.”

O que para algúns políticos artífices desta Lei, esta era a solución para unha mellor recadación para a facenda pública, para Correos pode significar a ruína económica pois non se pararon a pensar no gasto e nin tan sequera se pararon a preguntar se Correos tiña a capacidade organizativa e os medios necesarios para cumprir  con este cometido.

Así as cousas, dende Correos apuntan varias posibilidades:

Ø  Solicitar unha moratoria da entrada en vigor da Lei, que non deixaría de ser un “parche” ata atopar unha solución definitiva ao problema.

Pero de non darse esta solución, barallan outras alternativas:
Ø  Acudir ás bolsas de contratación para facer contratos a tempo parcial de tarde.
Ø  Crear novos postos a tempo parcial de tarde.
Ø  Establecer xornadas partidas, que precisarían dun cambio da normativa actual.
Ø  Optar por persoal fixo voluntario, retribuído de acordo coa legalidade.

*       Dende a CIG criticamos e denunciamos a falta de capacidade de Correos para buscar unha solución a este problema coñecido dende fai un ano.
*       De non reverter a Lei aos termos da actual entendemos que a solución pasa por xerar emprego fixo mediante contratos a tempo completo de tarde.

*       Estaremos atentos á solución que lle dá Correos a este problema e esperemos que esta non sexa unha chapuza que vulnere os dereitos dos traballadores con inventos coma das xornadas partidas.