21 de set. de 2016

Informe Anual Integrado 2015 Grupo Correos


Tardaron en publicalo e agora entendemos o porque. O informe consta de 247 páxinas e  pódelo ollar na páxina de Correos – información corporativa – Informe Anual Integrado 2015.

A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. rexistrou unha das maiores perdas dende a súa constitución como Sociedade Estatal en 2001 o resultado despois de impostos do exercicio 2015 foron unhas perdas consolidadas de 33,7 millóns de euros. As perdas totais despois de impostos do exercicio 2015 do  Grupo Correos que a integran: a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A., Correos express, Correos Nexea e Correos Telecom foron unhas perdas consolidadas de 34,098 millóns de euros. Estas perdas débense fundamentalmente  á redución nas cantidades que achega o Estado polo Servizo Público Universal, que pasaron de 518,1 millóns do 2014 aos 180 millóns do 2015.

Pero os cartos non é o único que se reduce en Correos, tamén o fai o  número de empregados segundo o informe no 2014 eramos 51.275 empregados e no  2015 pasamos a ser 50.153 e dicir 1.152 traballadores menos. Con respecto ao persoal funcionario ao 31 de decembro do 2014 eran 17.743 e a 31 de decembro de 2015 quedaban 15.097 – 2.646 funcionarios menos.

Dos 50.153 traballadores en 2015, 42.128 pertencían ao grupo de Operativos (carteiros, axudantes, axentes clasificación, atención ao cliente, administrativos etc.) e os 8.025 traballadores restantes a os grupos de Mandos Intermedios, Xefes de Sector, Directivos etc. O único colectivo que aumenta nesta empresa . Noutras palabras tócanos máis ou menos un xefe por cada 5 traballadores.

Outros datos de interese do informe:

2014
2015

Nº vehículos
13.529
13.394
- 135
Nº Serv. Rurais
6.670
6.563
- 107
Nº efectivos medios
52.514
50.153
- 2.361
Nº Oficinas
2.384
2.383
- 1

E a todo isto seguimos sen Convenio,  sen data de exame da Consolidación de emprego etc .. e os sindicatos asinantes (CCOO, CSIF, UGT e S.L.)  calan a boquiña e miran para outro lado ..unha vez pasadas as eleccións sindicais esquecéronse das reivindicacións e da marea postal


Dende a CIG seguiremos facendo o noso traballo que non é outro que defender tódolos postos de traballo e loitar polos dereitos laborais dos traballadores diante a Inspección de Traballos e dos tribunais de xustiza e outros que sigan de comparsa da empresa e vendendo fume e enganando ao persoal.