25 de maio de 2016

Farsa de Concurso de Traslados


-         Denunciamos esta primeira resolución do Concurso de Traslados diante do Presidente de Correos.

-         Esiximos que se cubran todas as vacantes que hai en Galiza para a vindeira resolución.

-         Pedimos explicación e información sobre os motivos que os levaron a non adxudicar todas as vacantes.

-         Ademais seguen mantendo persoal ocupando dous postos, pois non teñen intención de adxudicar os postos dos que están en comisión de servizo ou adscrición provisional, impedindo que no concurso se cubran os seus postos definitivos.

-         Están a dicirnos con estes feitos que van amortizar o resto das vacantes que quedaron sen adxudicar? Porque peticionarios sí que había para todas.

-         Correos ten o respaldo de CCOO, CSIF, UGT e S.L. asinantes do Convenio para sacar as prazas que lles dá a gana grazas ao artigo 41.2 do Convenio que di: “Só se cubrirán mediante o Concurso de Traslados aqueles postos que determine a empresa en exercicio das súas facultades directivas…”

Porque se negan a darnos unha relación de postos para poder controlar todo o proceso???

Se non hai transparencia, que imos a pensar???