28 de xan. de 2016

#CIGcorreos: Os novos POLI-CARTEIROS de Santander

Santander vai a ser a primeira cidade con  Poli-Carteiros



Ademáis de repartir esto, fai funcións de policía!





Armados cos seus vahiculos de reparto, cos supercarros e PDAs encargaranse dende controlar os niveis de contaminación (levarán sensores nos carros e nos coches e motos de reparto), ata denunciar coches mal aparcados con foto incluída, ou calquera tipo de incidencia ou despecfecto nas rúas da cidade.

E todo este traballo faise dende Correos de "forma desinteresada"  aportando tanto o persoal como as ferramentas necesarias, segundo declarou o alcalde do concello da cidade de Santander pioneira neste tipo de xestión "smartcity"

Que teñen que deixar de facer dentro das tarefas encomendadas os repartidores para ter tempo para esta nova "actividade benéfica"? Aínda hai quen non se enterou que nas carterías e nas oficinas falta persoal.

Se estas novas funcións veñen acompañadas do incremento necesario das plantillas, o  suficiente para poder facelas e de paso para que se poida atender con máis calidade a prestación de servicio postal universal chegando a todos os cidadáns todos os días e atendendos nas oficinas como se merecen. Sempre que sexa así, benvidas sexan todas estas actividades.

Para ollar esta nova na prensa preme nestes enlaces:
EuropaPress ElDiarioMontañes ABC Expansion ElEconomista