Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha
relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa
actividade ao inicio e durante a súa impartición.
Prazo
de inscrición do 25 de xaneiro ao 3 de febreiro
20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible
inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa
maior celeridade posible.
Inscrición: dende conecta ou internet
Dende internet: http://formacion.correos.es/
Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en
formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon
usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar
curso".
O curso terá unha duración
dunha semana, realizarase on-line dende
un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso
desenvolveranse durante os meses de febreiro e marzo os
alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as
dispoñibles.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e SMS o comezo da formación. Recoméndase
revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e
aceptar a modalidade de citación por SMS.
Expediente
Formativo
O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles
que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo
custo da conexión a internet.