INGLATERRA:
Máis privatizacións, franquicias e peche de oficinas de Correos.
Para ollar esta nova na prensa preme AQUI:
Nova flota de 125 vehículos eléctricos para Correos
25 furgonetas e 100 motos van incrementar a flota que se empezou a modernizar con este tipo de vehículos o pasado ano.
Dende a CIG seguimos criticando que por parte da empresa se esquezan de buscar unha solución para poder realizar un reparto de calidade prestando o servizo postal universal segundo o recollido na lei e atendendo ós usuarios como é debido tanto no reparto como nas oficinas.
Denunciamos ademáis que se deixe de lado o principal activo da compañía que non é outro que o seu persoal humano, esquecendose de mellorar as suas condicións de traballo, dereitos e salarios, postergando sen xustificación a negociación dun acordo xeral e convenio colectivo so por intereses mercantilistas e políticos.
De que nos serven coches e motos se logo non hai quen os conduza ou non hai que levar neles. Agardamos que a cordura impere neste tipo de inversións e non se fagan so de cara á galería, senon por necesidades reais da empresa.