28 de xan. de 2016

#CIGcorreos: Inaceptable subida do 1% e deixando fora ao persoal laboral

Subida ridícula do 1%, que non chega nin a miseria pactada por CCOO e UGT do 1,5% de maximo e que no caso de Correos exclúe sen motivo á todo o persoal laboral.

Dende a CIGcorreos entendemos que non se pode aceptar unha subida do 1% para o ano 2016, logo de pasar 5 anos de conxelación e redución salarial a máis da perda de poder adquisitivo que se veu acumulando nos ultimos 40 anos ata chegar a aproximarse ó 50%. Feito este que nos leva á conclusión que teríamos que estar cobrando o doble do que cobramos para ter a mesma capacidade adquisitiva que tiñamos co noso salario a principios dos anos 80.

Dende a CIG demandamos unha subida salarial digna que nos permita ir recuperando o poder adquisitivo perdido e que non discrimine a ningún dos colectivos que formamos parte desta empresa.