31 de ago. de 2015

CIGcorreos: Máis diñeiro para os altos cargos e para o resto do persoal...máis traballo.

Correos incrementou o gasto en salarios do persoal directivo nun 18% dende o ano 2011




Os membros do Consello de Administración e do Comité de Dirección da Sociedade son parte dos altos cargos que viron incrementadas as súas retribucións.

Entendemos que polo seu "brillante" traballo nos seus respectivos postos, que ninguén pode ver nin valorar, pero que tampouco se puido apreciar nos resultados. 



Ou aumentou o número de altos cargos ou lles pagan máis ós que hai. (Pura lóxica)
Lóxica que non se entende cando a empresa esta vendendo unha política de austeridade con recortes en facturación e máis en gastos de persoal, con redución de plantilla e amortización de postos de traballo.

Daquela dende a CIG chegamos a unha fácil conclusión:

As cargas de traballo que se xeran polas amortizacións de postos recaen unicamente no persoal dos postos base, pero os aforros económicos que levan implícitos eses postos amortizados non se reflexan nos resultados da empresa porque dalgún xeito acaban parando nos salarios dos altos cargos de Correos.

PARA NÓS O TRABALLO PARA OS DIRECTIVOS O DIÑEIRO

Olla na prensa: AQUÍ.