14/05/2015

Correos denega permiso ao persoal laboral que se presenta as eleccións do 24 de maio como Candidatos/as


A CIG denuncia e manifesta o seu rexeitamento pola aplicación sectaria que fixo Correos do artigo 35.5 do Real Decreto 605/1999.

A non concesión da dispensa do servizo ao persoal laboral da S.E. Correos e Telégrafos S.A. constitúe unha innegable discriminación deste persoal con respecto do funcionario.

Dende a CIG cremos ademais que a non consideración do persoal laboral de Correos como traballadores públicos é cando menos alegal xa que os mesmos realizan servizos esenciais á comunidade.

Todo o persoal laboral debe dar grazas aos sindicatos asinantes dos Convenios en Correos, pois grazas a eles perdéronse moitos dereitos entre eles o de ser empregado público.

Porque estes sindicatos tan reivindicativos que están a convocar folgas, paros etc, non din nada sobre a recuperación do estatus de empregado público para o persoal laboral ????

 Será porque eles conxuntamente con Correos vola roubaron !!

 Non vos deixedes enganar, estas folgas e paros non son para recuperar dereitos e xa non falemos de  conseguir uns novos.

O único que piden é o desbloqueo da negociación para asinar pronto e ter algo que vender de cara ás eleccións sindicais, aínda que sexa  a costa de seguir perdendo dereitos.
Que sentido ten ter tanta presa por negociar cun goberno do PP que despreza aos servizos públicos, e querer asinar xa un Convenio e Acordo cando estamos a escasos 6 meses dunhas eleccións xerais. Non é mellor esperar  aos posibles cambios políticos que se poidan dar.  Ahhh claro, non poden esperar as eleccións sindicais son antes!!!