14 de maio de 2015

Que nos vende o Ministro de Facenda, no Congreso?

 Baixar a temporalidade nas empresas públicas

... Queee boniiito!



As solucións nesta materia son moi doadas:

Que convoquen xa as oposicións - consolidación para cubrir todos os postos vacantes,
Que entre tanto todas estas vacantes se cubran con contratos de interinidade por vacante e
Que se deixen de "lerias" e que actúen dunha vez por todas !!


Esta é a resposta da CIG Correos á palabrería do Sr. Montoro ministro de Facenda na súa comparecencia no Congreso, onde fala de:

  • Que o goberno esta estudiando modificar a lei para converter os temporais en fixos. Cambiar de tres a dous anos seguidos de beneficios na empresa para poder facer contratos indefinidos. Demasiado tempo estudiando sen proveito algún, chegou a hora de darlles o suspenso definitivo.
  • Abrir a tasa de reposición de efectivos, que actualmente está a cero. Mentras non a pasen ó 100% seguirán coa destrución de emprego.
  • Sin poñerse colorado dí que podemos marchar a outros ministerios (Fala dos 240 postos na Axencia Tributaria) Menuda solución para os problemas de emprego de Correos.
  • O Convenio ten avances "significativos". Ollo cos avances, tamen podemos avanzar para abaixo.
  • Correos ten presente e futuro e a intención do goberno é aseguralo. Como o segan asegurando desta maneira parecenos que Correos so vai a ter lamentameblente "pasado".
Para ollar esta noticia na prensas preme AQUI 1,  AQUI 2,   AQUI 3