Mentres
os sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CSIF, CCOO, UGT, e S.L.)
calan e esperan mansamente as recargas para este verán a CIG solicitou unha
reunión urxente cos responsables de zona para que nos faciliten os seguintes
datos co respecto a contratación no período de vacacións do persoal fixo en
Galiza.
- Programación da contratación por provincias e oficinas de Galiza coa documentación xustificativa ao respecto.
- O porcentaxe por provincia e por oficinas das recargas a asumir con respecto á programación do ano pasado.
- O número de seccións a asumir separadas por provincias e por oficinas.
Lembremos
que os sindicatos asinantes (CSIF, CCOO, UGT, e S.L.) enchen a boca dicindo que
eles están nas mesas de contratación entón ….Porque non reclaman e pelexan pola
contratación??? Porque non fan nada polos compañeiros eventuais para que
traballen??? Non lles preocupa a saúde dos compañeiros que teñen que ir
cargados coma burros porque teñen que asumir seccións doutros compañeiros???
Fanse
chamar defensores dos traballadores pero xa teñen máis que sabida e amañada as
recargas do verán, só lles preocupa manter os seus privilexios aínda que sexa a
custa dos traballadores, deixando facer todo o que queira a empresa.