23 de xuño de 2014

FERROL: Manifestación contra os recortes en Correos


Convocada manifestación en Ferrol contra os recortes no cadro de persoal de Correos


Xoves día 26 de Xuño ás 19:30 Horas

Saída: denda a Praza de España (Ferrol)



As traballadoras e traballadores advirten do empeoramento da calidade do servizo na cidade

A Plataforma de Carteiro/as de Ferrol convoca para o día 26 de xuño, ás 19:30 horas, unha manifestación contra os recortes no cadro de persoal. A decisión de convocar a mobilización chegou logo de que a principios da semana pasada se presentara na carteiría da Oficina Principal da cidade a “equipa de redimensionamento” do cadro de persoal.
09-05-20 concentración Correos Ferrol
Unha visita, denuncia Carlos del Río, da CIG-Correos, que se fixo “sen previo aviso e sen ter en conta a vontade negociadora dos traballadores e traballadoras que en asemblea tiñan demandado á Dirección de Correos unha xuntanza previa para falar da situación real do correo en Ferrol”.
Ante isto, “decidimos dar un paso adiante na acción reivindicativa, posto que creemos, e así o demostran os feitos, que a Dirección de Correos ten a intención de implantar un recorte de persoal brutal que vai a empeorar a calidade do servizo postal de tal xeito que será imposíbel cumprir cos prazos de entrega que marca a Lei Postal”, advirte.
Dende o colectivo de carteiro/as fíxose un chamamento á participación nesta manifestación para defender un “servizo de Correos público de todo/as e para todo/as”. Coincidindo coa manifestación iniciarase unha recollida de sinaturas para entregar á Dirección de Correos en contra dos recortes nesta cidade.

Como afectado/a, como compañeiro/a, como veciño/a, como cidadán, como defensor/a dos postos de traballo da comarca de Ferrol, como defensor/a do emprego público... vas ser agredido directamente polas medidas que pretenden implantar dende a dirección de Correos en Ferrol se non lles paramos os pés. Por todo elo

¡¡ Implícate, participa e defende os teus dereitos como cidadán e como traballador/a !!

¡¡¡   N O N    F A L T E S   !!!