23 de maio de 2014

Concentracion en Ferrol do Comite Empresa: loitemos todos xuntos na defensa dos postos de traballo.


Esta maña os traballadores e traballadoras da Oficinal Principal de Ferrol saimos a rúa para protestar contra os inminentes recortes de postos de traballo que pensa facer Correos nesta oficina. 

Nesta acto prticipou o Comité de Empresa e Xunta de Persoal da provincia de A Coruña, na que a CIG forma parte. Vos deixamos o manifesto que se leu o remate da concentración:

O Comité de Empresa e a Xunta de Persoal da empresa Estatal Correos e Telégrafos S.A., na provincia da Coruña, queremos facer público o seguinte manifesto:
Logo de reunirnos en pleno os delegados e delegadas que conformamos os órganos asinantes deste escrito acordamos apoiar sen fisuras a loita dos traballadores e traballadoras da Oficina Principal de Correos de Ferrol nos seguintes puntos:
  • Antes de que a equipa de reestructuración aborde o recorte de postos de traballo na Oficina Principal de Ferrol esiximos unha xuntanza cos responsables máximos da Área de Distribución na que se nos facilite toda a información relacionada cos criterios do estudio de dimensionamento a realizar.
  • Que nos poñemos á disposición dos traballadores e traballadoras de Ferrol para calquer mobilización ou acto reivindicativo que decidan como Asamblea.
  • Rexeitamos calquer tipo de estudio unilateral por parte da Empresa que supoña un recorte dos postos de traballo ou unha reducción das seccións actualmente existentes.


  • Solicitamos un reequilibrio das cargas de traballo das diferentes seccións, o que requeriría un estudio integral de todo o centro.
  • Solicitamos que se cubran, con persoal eventual das bolsas de contratación, calquera tipo de baixa, permiso, vacacións e así mesmo, que as prazas vacantes orixinadas no reparto sexan cubertas de xeito inmediato.
  • Que se dote á Unidade de Urxentes do persoal necesario para acometer o traballo nas cidades de Ferrol e Narón.
  • Que se dote á Oficina de medios axeitados para o reparto de certo tipo de correspondencia, como poden ser, paquetes postais ou cartas voluminosas.
  • Que se poñan todos os medios por parte da Empresa para que na Oficina Principal de Ferrol se cumpra coa legalidade vixente en materia de Saúde Laboral.
Os traballadores e traballadoras de Correos de Ferrol, contaredes co apoio da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa para defender estas reivindicacións aqui expostas así como calquera outras propostas que por asemblea decidades.

Todos sabemos que a unidade vainos dar moita máis forza para poder conquerir os obxectivos que nos marcamos, daquela loitemos todos xuntos na defensa dos postos de traballo.