Seguindo a ruta de concentracións, que está a levar a cabo o Comité de Empresa e a Xunta de Persoal na Provincia de A Coruña, esta maña os traballadores e traballadoras da UR 1 de Compostela saimos a rúa para protestar contra os recortes de postos de traballo que fixo Correos nesta oficina.
Nesta acto participamos as delegadas e delegados da CIG .
Vos deixamos o manifesto que se leu o remate da concentración:
O Comité de Empresa e a Xunta de Persoal da
empresa Estatal Correos e Telégrafos S.A., na provincia da Coruña,
queremos facer público o seguinte manifesto:
Logo de reunirnos en Pleno os delegados e
delegadas que conformamos os órganos de representación dos
traballadores, acordamos apoiar sen fisuras a loita dos traballadores
e traballadoras da Oficina Principal de Correos de Santiago nos
seguintes puntos:
- Xa feita a reforma desta unidade polo equipo de reestructuración e aplicado o recorte de postos de traballo na Unidade de Reparto 1 de Santiago temos que denunciar a deficiente situación en que quedaron moitos barrios para poder prestar un servicio de calidade e para poder traballar seguindo os protocolos de salud laboral e de seguridade. Xa no seu momento esiximos unha xuntanza cos responsables máximos da Área de Distribución na que se nos facilitase toda a información relacionada cos criterios do estudio de dimensionamento a realizar, pero nin nos citaron nin nos deron información algunha.
- Os sindicatos desta provincia de A Coruña, desde a Xunta de persoal e o Comité de empresa, escomenzamos un proceso de movilizacións con protestas e concentracións diante das unidades afectadas por estos dimensionamentos que a empresa impuxo sin nigún tipo de negociación, e que están afectando de xeito grave tanto ao servizo que prestamos como ás condicións laborais do persoal de reparto destas unidades.
- Solicitamos que nos remitan información do novo estudio que fixeron para amañar as súas desfeitas, e esiximos un reequilibrio das cargas de traballo das diferentes seccións, o que requeriría un estudio integral de toda a unidade.
- Solicitamos que se cubran, con persoal eventual das bolsas de contratación, calquera tipo de baixa, permiso, vacacións ou licencias, e así mesmo, que as prazas vacantes orixinadas no reparto sexan cubertas de xeito inmediato.
Os traballadores e traballadoras de Correos de
Santiago, contaredes co apoio da Xunta de Persoal e do Comité de
Empresa para defender estas reivindicacións aquí expostas así como
calquera outra proposta que decidades.
Todos sabemos que a unidade vainos dar moita máis
forza para poder conquerir os obxectivos que nos marcamos, daquela
loitemos todos xuntos na defensa dos
postos de traballo.