25 de abr. de 2014

O PP de Ferrol tumba a moción dos/as traballadores/as de Correos contra o recorte de persoal


Traballadores/as da Oficina principal concentráronse diante do Concello durante o debate do texto no pleno municipal
Traballadores e traballadoras da Oficina Principal de Correos en Ferrol desenvolveron na tarde do xoves unha concentración da Casa do Concello, coincidindo coa celebración do Pleno municipal no que se debateu a moción presentada polo colectivo en contra dos recortes de persoal e na defensa dun correo público e de calidade. A moción, presentada a través dos grupos municipais do BNG e EU, non saíu adiante xa que tanto o PP como Independentes votaron en contra da mesma.

A moción basease principalmente en cinco punto:
1. Que se manteñan as actuais seccións de reparto e que se cubran as prazas vacantes, coa única modificación dun reequilibrio das cargas de traballo das diferentes seccións.
2. Que ningunha das seccións da Oficina de Correos de Ferrol se quede sen repartir diariamente e que se cubran as baixas, vacacións, permisos retribuídos, etc. con persoal eventual das bolsas de contratación.
3. Que se dote de medios suficientes e eficaces para poder cumprir o servizo de reparto dignamente.
4. Que se aumente o cadro de persoal da Unidade de Reparto Urxente para atender axeitadamente o servizo dos Concellos de Ferrol e Narón.
5. Que o Pleno do Concello de Ferrol se dirixa de xeito institucional á Dirección da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. mostrando o seu desacordo contra calquera tipo de recorte de emprego na nasa cidade lembrándolle o seu deber de repartir todas as zonas da cidade todos os días laborais da semana, como ordena o artigo 24 da actual Lei 43 / 2010, de 30 de decembro.
Os/as traballadores/as lamentaron que as reivindicacións formuladas non contasen co voto favorábel de todos os grupos políticos con representación no Concello, xa que “se trata de defender o emprego e de que Ferrol siga mantendo un servizo de Correos público, e que cumpra cos parámetros de calidade que marca a actual Lei Postal”.