24 de set. de 2013

Sanitas, DKV, Asisa, Igualatorio Cantabria e Adeslas sopesan deixar o seguro de saúde dos funcionarios, o denomiado modelo Muface, no ano 2014




    Seguen sen chegar a un acordo co Ministerio de Facenda para renovar un ano máis a cobertura sanitaria de case os dous millóns de funcionarios que teñen este seguro. As compañías contaban para o próximo ano cunha prórroga do contrato actual que incluía unha lixeira suba do 1,5% desta prima para 2014. As dúas partes teñen ata o próximo día 26 de setembro para chegar a un acordo, data na que a partida de Muface debe remitirse para poder incluírse nos próximos presupostos xerais do Estado. Nun primeiro momento, as aseguradoras chegaron a aceptar a conxelación da prima proposta por Facenda, sempre que tamén se reducisen os servizos sanitarios e o cadro médico que estaban incluídos na prestación.