Arredor de 50.000 persoas participaron nas manifestacións convocadas
pola Confederación Intersindical Galega nas sete cidades galegas,
Vilagarcía e Foz, para amosar o se rexeitamento ás políticas de recortes
e axustes que están a aplicar os Gobernos do Partido Popular na Xunta e
no Estado. O secretario xeral da central nacionalista, que participou
na mobilización de Vigo, fixo un chamamento a desaloxar o PP do Goberno
galego o vindeiro 21 de outubro e apostou pola convocatoria dunha nova
folga xeral.
Seguir lendo aquí