A Xunta Electoral
de Lugo vén de acordar que non é competente para resolver a denuncia presentada
polo Partido Popular, contra a manifestación convocada para esta tarde, pola CIG,
en Lugo. Argumenta que a competencia correspondería á Xunta Electoral
Provincial, durante a campaña electoral, e á Subdelegación do Goberno, antes do
inicio da mesma. O Partido Popular pretendía a suspensión do dereito de
manifestación, por considerar que a central sindical busca incidir no voto dos
electores, “en concreto, desaconsellar o voto a unha formación política
(Partido Popular), que se presenta ás eleccións”.
+ info aqui