Desde as 9:00 horas da mañá deste mércores, a Plataforma Galega en
Defensa dos Servizos Públicos tiña convocadas asembleas permanentes nos
principais edificios administrativos da Xunta de Galiza e nos centros máis
importantes das distintas áreas sanitarias do país. En moitos dos lugares
previstos celebráronse sen problemas e as e os representantes sindicais
continúan aínda nas mesmas. Porén, en Compostela, a policía local impediu o
acceso ao interior do concello e mesmo prohibiu facer uso da sala de prensa
para as e os representantes sindicais dirixírense aos medios de comunicación.
Algunhas destas asembleas, como no caso de San Caetano, estaban convocadas a
partir das 13:30 horas.
+ info aquí