As organizacións sindicais denuncian o desmantelamento que os gobernos do PP están a practicar no sector público para favorecer os beneficios dunhas cantas empresas
E TÍ POR ONDE ANDABAS, OH?
Máis de 10.000 persoas manifestáronse este sábado en Compostela para
amosar o seu rexeitamento aos recortes no emprego e os servizos públicos
e contra das políticas privatizadoras aplicadas polos Gobernos do PP. A
marcha, convocada pola Plataforma galega en defensa dos servizos
públicos -integrada por 18 organizacións entre as que se atopa a CIG-,
partiu da alameda pouco despois das 11:30 horas e rematou diante do
Complexo administrativo da Xunta en San Caetano, onde o actor Federico
Pérez, procedeu a dar lectura ao manifesto conxunto.
Para máis información preme AQUÍ: