A CIG chama a organizarse e continuar coa contestación social para esixir un cambio de políticas e impedir a aplicación da regresiva reforma laboral do PP nos convenios colectivos
Delegados e delegadas da CIG, UGT e CCOO realizaron concentracións este
venres diante das sedes das asociacións de empresarios nas sete cidades
galegas e Vilagarcía en defensa da negociación colectiva como unha das
ferramentas básicas da clase traballadora para mellorar as súas
condicións de vida e laborais. A CIG denuncia que o proceso de
renovación dos convenios está practicamente paralizado pola decisión
política de determinadas asociacións empresariais de sector que están
levando ao límite a vixencia e ultraactividade dos convenios, co
obxectivo de provocar unha perda de dereitos e unha rebaixa dos
salarios.
Para máis información preme AQUÍ: